domingo, 7 de agosto de 2011

PROXIMAMENTE CARTA ABERTA AO REXIDOR TOMÁS FOLE. ¿ONDE VAI O SEU PROGRAMA SR. ALCALDE?

Partido Popular: desgoberno e austeridade
O 1 de marzo de 2009 o Partido Popular chegaba a San Caetano avalado por unha ampla maioría e logo dunha das campañas mais destrutivas e baleiras de contido que xa se recordan na historia democrática do país, máis aló dos propios erros do bipartito que semellan aínda non estar totalmente resoltos dous anos despois da debacle.

A maquinaria electoral do Partido Popular, apoiada “desinteresadamente” por numerosos medios de comunicación –sirva un claro exemplo como La Voz de Galicia recibiu segundo se recolle no DOG do 8 de Marzo de 2011 unha subvención superior os 600,000€ dunha cantidade total a repartir en torno a 1,5 millóns de €- conseguiu difundir no conxunto do país a imaxe dun bipartito baseado nos despilfarros e os innumerábeis luxos e privilexios dos que gozaban os membros do goberno.

Ese apoio de certos medios sumado a un conxunto de erros na política de comunicación por parte do PSdeG e o BNG xeraron unha situación crítica onde xa no final da campaña non había conversa algunha na rúa que intentara entender ou criticar moitas das leis base desenvolvidas en clave de país por parte do Bipartito (Lei Eólica, Banco de Terras, Lei de Dependencia…), de xeito que o despacho do presidente ou a neveira da que facía uso o vicepresidente no coche oficial viraron “moda” na campaña.

Na súa investidura Feijóo presentaríase ós galegos e galegas como un xestor eficiente e gran abandeirado da austeridade, o leit motiv do novo goberno; o paso do tempo demostraría que so foi un exercicio de hipocrisía e vil engano á cidadanía galega.

Núñez Feijóo semella ter convertido esa súa austeridade na panacea do bo goberno e en nome da mesma poderá tomar calquera acción que se prece sen importar a súa maior ou menor incidencia na nosa sociedade.

Logo dos dous primeiros anos de goberno e ter derrubado moitas das grandes accións desenvolvidas polo Bipartito (Lei de Pesca, Concesións Eólicas, Decreto do Galego…) esa renomeada e esperpéntica austeridade coloca en perigo os pilares da nosa sociedade.

Resulta ben sinxelo facer declaracións ou asinar contratos en campaña con catorce puntos clave que nin están nin xa se esperan, aínda que a realidade mostra que hoxe son xa milleiros de familias galegas as prexudicadas polo (in)cumprimento da Lei de Dependencia. Nesta mesma semana coñecíamos os datos facilitados polo Inserso onde seis de cada dez galegos con dependencia recoñecida non percibían a prestación que lles correspondía segundo a propia Lei.

A educación sofre novos recortes e os poucos medios de comunicación na nosa lingua desaparecen progresivamente; e malia o recente non empeoramento (permítanme que non fale de mellora cando Galiza ten un 46% de paro xuvenil), a xuventude do país continúa a coller as súas maletas e emprende camiño cara a novas latitudes na procura de oportunidades.

A austeridade sempre sería benvida cando a súa funcionalidade real sexa o reducir gastos superfluos, innecesarios ou mellorar a estrutura administrativa do goberno sen reducir as cotas de eficacia, se ben non se pode nin se debe predicar coa austeridade e actuar do xeito contrario, mercantilizando servizos públicos ou dedicando unha cantidade superior os tres millóns de € a visita de Benedicto XVI sen que aínda hoxe teñamos datos detallados da súa rendibilidade.

Pasado o ecuador da lexislatura agora si debería chegar o momento como anunciaba na súa campaña Núñez Feijóo, ese momento onde se deixe de responsabilizar de todos e cada un dos problemas da Galiza ós distintos axentes externos (Goberno Central, Herdanzas do Bipartito, Unión Europea…) e se asuman as responsabilidades propias que lle corresponden a un organismo cuxo orzamento representa máis dunha quinta parte do PIB galego.

Mentres isto non acontece, o país continuará a súa lenta agonía nese marco idealizado da imprescindíbel austeridade, que poucos problemas resolverá á cidadanía pero cando menos deixará mais que satisfeito ós neoconservadores, quizais o gran obxectivo final do PP.

Si o bipartito  foi una vergoña  e tomadura de pelo para os galegos, xa que  sí fixeron moito aspavento e derrocharon sin límites,  e só pensaron no seu propio benestar, o que se presentou  como  salvador de  Galicia, (Sr. Feijoo PP)  o que fai é NON FACER NADA .  E agora os do PSOE que non ladren dende a oposición pois tampouco lles interesa o progreso de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario