lunes, 15 de agosto de 2011

CARNET DE AFILIADOS A CONVERXENCIA GALEGA

Converxencia Galega presenta o seu carné de afiliado


Tras centrar o noso traballo na fundación do partido e en preparar despois as eleccións municipais do pasado mes de maio, desde a familia converxente diriximos agora os nosos esforzos a afiliar aos nosos militantes e simpatizantes.


Na parte posterior da tarxeta, deseñada coas cores corporativas do partido, aparece a imaxe do ilustre galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acompañada dunhas coñecidas verbas nas que xustifica a definición de Galicia como nación: “un pobo, unha terra, unha fala”.

No consello político que aprobou o lanzamento do carné de afiliado, anunciouse tamén a creación dun “carné amigo”, exclusivo para militantes,  e dun carné para menores de idade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario