DAMOS COMENZO Á CAMPAÑA DE AFILIACIÓN OFICIAL AO PARTIDO . TODOS AQUELES QUE QUEIRAN AFILIARSE DE FORME OFICIAL E ASÍ SER MILITANTES DE DEREITO NO NOSO PARTIDO DEBEN POÑERSE EN CONTACTO CO SECRETARIO LOCAL CHAMANDO AO TELEFONO 686 12 07 05 . DEBENDO CUBRIR A FICHA PARA TAL FIN .
Interesante reportaxe sobre o nacemento de Converxencia Galega realizada polo xornalista lugués Angel Vaqueiro. O artigo foi publicado no diario El Progreso o domingo 16 de xaneiro.
CONVERXENCIA GALEGA. Ese é o nome do partido que aspira a ser a cuarta vía, esa formación centrista e de corte galeguista pola que levan suspirando anos moitos galegos, aos que non contentan as ofertas electorais do PP, do PSOE ou do BNG. A cuarta vía tivo moitos nomes, desde Coalición Galega que chegou a tocar o poder autonómico até Terra Galega, que foi o último. Son moitos os que consideran que na política galega hai espazo para esa cuarta vía, pero por agora todos os experimentos fracasaron, moitas veces por diversos personalismos. Agora hai un novo intento, que se puxo en marcha co congreso constituínte de setembro en Santiago.
Esta vez, os promotores de CG queren tomalo en serio e que o fagan tamén os que queiran apuntarse ao proxecto. Polo sur de Lugo houbo contactos con algún ex alcalde, pero non frutificaron porque, realmente, o que pretendía o ex rexedor era, como un noivo resentido, darlle nos morros á súa noiva de toda a vida. En setembro, CG tiña en marcha, iso dicía na súa web, uns vinte comités locais en Lugo, unha cifra que agora dan por superada. Por entón tamén pretendían elaborar polo menos oito candidaturas na provincia para as eleccións de maio, aínda que o número non parece preocupar moito aos responsables de CG, porque o seu obxectivo principal son os comicios autonómicos de 2013. Iso non impide, está claro, que tamén se pense nas listas do 22-M: houbo contactos en moitos sitios, e varios frutificarán.
Para evitar a tentación dos que buscan unha candidatura coa que vingarse do seu partido de toda a vida, desde a dirección xa aclaran que «non hai cartos» para pagar campañas electorais, así que o que queira ser candidato terá que estar concienciado coa causa. Os promotores teñen os principios claros: CG defínese como un partido social liberal, que pon a Galicia por riba de todo, preocupado polos «problemas reais» da comunidade, que critica ao PP pola súa política cara ao galego pero tamén ao BNG polo mesmo. O pequeno empresario e a ordenación do territorio (non confundir cos PXOMs) son outras das súas preocupacións.
Detrás hai algúns nomes poderosos. Non estará, en principio, Antonio de Dios, o único alcalde de Terra Galega en Lugo, que posiblemente se inventará unha candidatura independente. Xoán Gato, ex rexedor de Narón, está próximo á proposta, pero por agora céntrase na súa recentemente estreada presidencia da Cámara de Comercio de Ferrol. Para a presentación oficial en sociedade, tras as municipais, espérase contar con históricos pesos pesados (moi históricos e moi pesos pesados) do centrismo galego e do nacionalismo catalán.
E en Lugo? Houbo contactos en varios municipios importantes e algúns xa están a frutificar. É máis: é posible que hoxe mesmo ou, como moi tarde, esta semana xa se dea a coñecer algunha candidatura, na Terra Chá. Pero esta vez CG vai con calma, para evitar que descarrile este tren que quere ir pola cuarta vía.
DAMOS COMENZO Á CAMPAÑA DE AFILIACIÓN OFICIAL AO PARTIDO . TODOS AQUELES QUE QUEIRAN AFILIARSE DE FORME OFICIAL E ASÍ SER MILITANTES DE DEREITO NO NOSO PARTIDO DEBEN POÑERSE EN CONTACTO CO SECRETARIO LOCAL CHAMANDO AO TELEFONO 686 12 07 05 . DEBENDO CUBRIR A FICHA PARA TAL FIN .
No hay comentarios:
Publicar un comentario