martes, 17 de mayo de 2011

A MAREA VERDE

GUILLERMO ROCHA dni caNDIDATO DE CONVERXENCIA GALEGA «Queremos aportar un aire novo fronte ao desencanto»

Rocha asegura que, de resultar elixido, só se votará a si mesmo na investidura da alcaldía
Autor:
s. gonzález, a. garrido, x. melchor
Localidad:
vilagarcía / la voz
Fecha de publicación:
17/5/2011
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (0 votos)
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.
Existe, en Galicia, unha longa tradición de formacións que beberon do denominado galeguismo moderado. De todas elas, só Coalición Galega se fixo un oco de seu antes de desaparecer. A súa herdanza foi recollida, dalgún xeito, por Converxencia Galega. O seu candidato en Vilagarcía é Guillermo Rocha.
-¿Que pode aportar agora CG?
-Pode aportar un aire novo, unha resposta fronte ao desencanto que sofre a poboación. A xente está moi desencantada coas ofertas políticas, hai un retroceso, están vendo que os partidos non cumpren co seu pacto social, que é o programa electoral, e ven esmagados os seus dereitos.
-¿Cal é a súa proposta para Vilagarcía?
-Primeiro levariamos a cabo unha política de interactividade cos vilagarciáns, cun meirande contacto directo coa cidadanía, coñecendo os seus problemas, abríndolles as portas do Concello e percorrendo as parroquias. O emprego é a bandeira de todos os partidos, pero en Vilagarcía a seguridade cidadá constitúe un problema moi grave que pode medrar coma unha bola de neve. Tamén a contaminación e a limpeza. Outro problema é o abandono das parroquias e dos parques e xardíns do centro.
-Ben, asumindo que tivese representación, ¿a quen se atopa CG máis próximo á hora de pechar un acordo?
-Nós pensamos que a chave para o goberno do Concello só a ten o pobo de Vilagarcía, que en definitiva é quen vai ditaminar o 22 de maio quen son os seus representantes. Polo tanto, pedímoslles que voten con sentido común. Así haberá un goberno de Converxencia Galega. En principio nós pensamos en gañar, e a nosa idea é non pactar.
-Mais é posible que non haxa maiorías claras. ¿Que faría vostede nese caso?
-Se alguén presenta unha proposta favorable ao pobo de Vilagarcía e ten sentido, non nos importará apoiala, veña de quen veña. En casos puntuais podemos pactar con calquera. Pero non na investidura. Votaremos a Converxencia Galega, non a ninguén máis.
-¿Como situaría a CG no mapa político?
-Nun centro progresista, aberto, interclasista. Galeguista, porque estamos en Galicia e pensamos nos intereses de Galicia. Pero non somos exclusivos nin excluíntes. Non temos a exclusiva da galeguidade e tampouco excluímos a ninguén por pertencer a outra comunidade.
Guillermo Rocha López
22 de abril de 1956, en Ferrol
Avogado, foi secretario de Concello
Casado, ten un fillo
Militou en Terra Galega




VOTA CONVERXENCIA GALEGA , O CENTRO PROGRESISTA QUE ESTABAS ESPERANDO .
PSOE= DESGOBERNO.
BNG = COMPLICIDADE .
IU = ACOMODAMENTO  NO ESCAÑO .
IVIL= PASIVIDADE.
PP= O DISPARATE .

TODOS NOS TOMARON O PELO DURANTE ESTES ANOS , VÉXASE A CIDADE ABANDONADA, SUCIA, INSEGURA.................

O 22 DE MAIO TÍ ÉS O ÚNICO QUE TES A CHAVE PARA CAMBIAR . VOTA CONVERXENCIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario