domingo, 24 de abril de 2011

XA EMPEZA

CONVERXENCIA GALEGA TIVO QUE FACER  DENUNCIA ANTE A XUNTA ELECTORAL  POR  NON SER RESPETADAS AS NORMAS ELECTORAIS .

Á XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE CAMBADOS

                            
DON EDUARDO JOSÉ RUBIANES CALVO , representante da candidatura de CONVERXENCIA GALEGA  ante esa Xunta  Electoral  comparece  e, como mellor en Dereito proceda DI:

Que ven presentar  RECLAMACIÓN  contra  o acto programado para o  día mércores ,  27 de abril , as oito menos cuarto da tarde  organizado polo ATENEO  MAR DE AROUSA , e a celebrar na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía  de Arousa.

Que  deste acto fíxose publicidade   no xornal  Diario de Arousa , do 22 de abril de 2011, e no cal se dí  que participarán NO ACTO POLÍTICO  os cinco partidos con representación municipal, e que tratarán  unha rolda de preguntas a cada alcaldable , sendo , según se dí polos propios organizadores,  un acto  electoral.

Que  por este partido formulamos a oportuna queixa  formal , xa que se está  a incumplir  a Constitución Española e a LOREX,  xa que  están convocados ao acto só  os seguintes partidos:  PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA ( - PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL ),   BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, PARTIDO POPULAR , INDEPENDIENTES POR VILAGARCÍA , ESQUERDA UNIDA .

Nembargantes , as candidaturas proclamadas no BOP  do día 20 de  abril de 2011, son , ademáis  das anteditas  :  CONVERXENCIA GALEGA  e  ESQUERDA  ANTICAPITALÍSTICA  (E,S.A.N.). formaciones que non foron convocadas a tal acto  é polo tanto  se dá unha discriminación  nada democrática e a todas luces ilegal.

Polo exposto :

SUPLICO Á XUNTA ELECTORAL DE ZONA  :

1.- Que proceda á  anular o acto convocado,
2.- Que comunique aos  partidos políticos  a prohibición de non poder participar  neste acto  por contravir a lei electoral por consideralo  un  acto de campaña , ademáis de discriminatorio frente  a outras formacións que  se presentan as eleccións locais ao concello de Vilagarcía de Arousa. 

Xustiza que pido , Cambados , a 25 de abril de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario