sábado, 30 de abril de 2011

TRABALLO





TRABALLO (1)

Creación dun Servizo  Integrado para o Emprego (SIPE) en colaboración coa Xunta  de Galicia  e o Servizo Público de Emprego.

Como pensamos que o concello ten que ser o motor  de creación de emprego  e debe  loitar para que isto suceda ,  se propón a creación dun Consello  Local Laboral  , no cal participarán  tódolos axentes  sociais  no eido laboral .

Realizar actividades formativas axeitadas  para acceder verdaderamente  a postos de traballo , non  aos cursos que carezcan de saídas laborais. Políticas activas de emprego reales e eficaces.

Crear unha  Bolsa de Traballo para mozos e mozas  dende o  concello ,  asemesmo  acceso dos parados de longa duración con extrema prioridade.

Eliminar  das baremacións as entrevistas presonais como mérito para acceder a un posto de traballo.  Isto é  enmascarar o enchifismo.

Axuda permanente  para os emprendeores.  O que  verdaderamente move a economía son  os autónomos e as Pequenas e Medianas empresas.  Axuda en asesoramento permanente ,   extinción de  trámites administrativos  que  non teñan  importancia, así como establecer  axudas para os emprendedores  o xestionalas perante outros órganos supramunicipales que podan concedelas.

Impulsar  a creación de empresas no municipio ,  e manter as existentes,  dando facilidades  sempre e cando  xeneren  postos de traballo  para os veciños e que non teñan que  emigrar  fóra de Galicia  para  atopar traballo. O obxectivo principal  é  incrementar os postos de traballo.

Poñer en funcionamento con eficacia  O PACTO LOCAL POLO EMPREGO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario