viernes, 8 de abril de 2011

CANDIDATO Á ALCALDÍA DE VILAGARCÍA DE AROUSA











CANDIDATO  DE CONVERXENCIA GALEGA  PARA O  CONCELLO DE VILAGARCIA  DE AROUSA .
 GUILLERMO ROCHA LÓPEZ  ,casado e cun fillo ,  naceu  en Ferrol,  o día 22 de abril de 1956. Dende  hai doce anos vive en  Vilagarcía de Arousa onde excerce  como avogado.
É Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense. Promoción 1973-1978.
Traballou  como  Secretario Xeral e Interventor do Concello de Sonseca (Toledo). Avogado exerciente en despacho en Madrid. Áreas de Dereito laboral e  civil. Avogado do extinguido SU ( Sindicato Unitario de Madrid) , Avogado exerciente en despacho en Ferrol. Áreas de Dereito laboral ,  civil e  Dereito penal.
Tamén estivo  de  Secretario Xeral e interventor do Concello de Cariño (A Coruña).e Secretario Xeral e Interventor do Concello de Mugardos (A Coruña).
Desempeñou  o cargo de avogado dos Servizos Sociais e Comunitarios no Concello de Narón (A Coruña). E de  Técnico-Orientador Laboral dos Servizos Integrados para o Emprego (SIPE) do Concello de Ferrol (A Coruña). Orientador laboral na Escola Taller do Concello de Vilagarcía de Arousa .
Na actualidade é avogado exercente en Vilagarcía  onde vive .

 Experto Docente da antigua Consellería de Familia  (Hoxe Consellería de Traballo) para a Formación Ocupacional.
 Foi Poñente na Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, sobre O Cooperativismo e Outras formas de Economía Social.Ferrol 1997.

É o Secretario local de  CONVERXENCIA GALEGA  de Vilagarcía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario