Este blog é un medio de comunicación e difusión do partido CONVERXENCIA GALEGA DE VILAGARCÍA DE AROUSA onde terán información da nosa actividade política na nosa cidade. É un espacio aberto para suxerencias que quera facer calquer veciño co fin de recopilar os problemas máis destacables que temos que solucionar pensando no ben de todos e no interés xeral. O NOSO TELÉFONO É O 686120705. Páxina do partido. www.converxenciagalegavilagarcia.blogspot.com
domingo, 14 de octubre de 2012
DENDE O COMITÉ LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA DE VILAGARCÍA DE AROUSA E TENDO EN CONTA A NON CONCURRENCIA NESTAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALIZA DE 2012 POR MOTIVOS ECONÓMICOS E POLA DECISIÓN ACELERADA DO PP DO ADIANTO ELECTORAL POR MOR DO EMPEORAMENTO DA CRISE ECONÓMICA E DOS NOVOS AXUSTES E RECORTES QUE AFUNDEN AO PAÍS GALEGO , PEDIMOS O VOTO PARA A FORMACIÓN ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS.
CONSIDERAMOS QUE É A ÚNICA FORZA QUE PODE REPRESENTAR AOS GALEGOS , LOITAR POLOS INTERESES DE SEU ASI COMO EMPURRAR QUE GALIZA TOME O CAMIÑO DE O AUTOGOBERNO PLENO.
domingo, 23 de octubre de 2011
OS POLÍTICOS TRILEROS DE VILAGARCÍA
COMITÉ LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA DE VILAGARCÍA Nota de prensa . 23/10/2011. O Comité Local de Converxencia Galega de Vilagarcía quere amosar a máis dura crítica ao acordo alcanzado entre o PP e IVIL que lle otorga ao PP a maioría absoluta que non alcanzou nas urnas, pero agora , e xa coa maioria absoluta o PP pode facer e desfacer ao seu antoxo . Este pacto , que a nosa formación califica dunha afrenta pública ao electorado por parte das dúas formacións políticas , non é máis que un grave atentado contra a democracia e contra os intereses de Vilagarcía. Os votos foron cautivados para afianzar un goberno aos populares con moita comodidade e asegurar ademáis un cargo ao Sr. Rivera , que , no momento político xusto ( O PP faltáballe tan só un concelleiro para a tan ansiada maioria absoulta , o Sr. Rivera Mallo consigue asi o seu retiro dourado ao pasar a ser senador do PP). Así as pezas do puzle xa están encaixadas perfectamente para os intereses destes partidos. Calificamos esta maniobra como un timo ao pobo , e nos preguntamos agora ¿ Cal vai ser o programa que se vai levar a cabo para Vilagarcía ? ¿ Quen levará as rendas do goberno municipal? ¿ Cales serán os intereses do Sr, Rivera Mallo no senado cara a nosa cidade ? . A corrupción política emerxeu ao más alto nivel , sen ter en conta nestes momentos difíciles as necesidades dos vilagarciáns . Só se ten en conta os intereses personais dos dous actores , agora ya rovoltos para repartirse os postos . ¿ Qué vai recibir a cambio o pobo ? : NADA . Nada do que no programa do PP estaba redactado cúmplese, nin tampouco no programa de IVIL , todo segue o mesmo . Exiximos unha maior seriedade para o pobo de Vilagarcía e que o PP como partido máis votado busque solucións aos graves problemas que vanse acrecentado na cidade, así : máis paro , máis recortes sociais, viaxes do Sr. Alcalde a Madid valeiros de contidos,ainda non existe o xulgado nº 4, tan necesario para a cidade, os colexios públicos teñen graves deficiencias,Fexedega agoniza, os parques son tercermundistas,os rios contaminados; Etc..Non hai respostas as vellas aspiracións para Vilagarcía. O COMITÉ LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA DE VILAGARCÍA .
domingo, 11 de septiembre de 2011
PSOE-PP : OS CACIQUES DA DEMOCRACIA
O tándem PP-PSOE: o imperio contraataca
A reforma constitucional que lideran contra-reloxo os dous grandes partidos estatais pon de manifesto non só o pouco talante democrático de ambas formacións á procura dun abrasivo e antidemocrático bipartidismo, senón que ademais demostra unha indecente hipocrisía tanto a nivel económico, como democrático e político.
Desde Converxencia Galega, como forza responsable e con sentido común que somos, evidentemente estamos a favor de toda medida que apoie a austeridade e o control orzamentario do gasto público. Pois é de sentido común non gastar o que non se ten, máis aínda nos duros tempos que estamos a vivir. Agora ben, da mesma maneira, tampouco podemos estar de acordo nin nas formas nin no fondo dos acordos tomados por populares e socialistas para pór tope ao gasto das administracións. Acordos cunha alta sobrecarga de cinismo económico, político e económico.
Hipocrisía económica: Resulta ben curioso que tanto PP e PSOE despois de someter á cidadanía durante tantos e tantos lustros a un despilfarro público sen precedentes aparezan agora ondeando a bandeira do “sentido do Estado” ou da “responsabilidade colectiva” para salvar ao país do difícil momento financeiro no que se encontra. Resulta moi cínico por parte dos socialistas falar agora de austeridade cando ata non hai moitos meses gastaban miles de millóns de euros nun Plan E do que aínda estamos pendentes de descubrir os seus efectos positivos. Do mesmo xeito tampouco estaría mal lembrar os famosos 400 euros/per cápita que Zapatero irresponsablemente decidiu “regalar” aos contribuíntes para “premiar o aforro” en épocas electorais. Ou recordar os miles de millóns de euros tirados en subvencións a fondo perdido nas zonas rurais de Andalucía e Estremadura con fins estritamente caciquís e clientelares.
Pero os populares non se quedan atrás neste exercicio de hipocrisía pois cando se lles enche a boca falando de “sentido común” e de non “vivir por riba das nosas posibilidades” se cadra non estaría mal que primeiro se aplicasen o conto e se preguntasen se a insostible débeda do concello de Madrid (as obras faraónicas e as candidaturas olímpicas non saen de balde) , os máis de 6.000 millóns de euros que deixaron en RTVE no ano 2004 ou a faraónica Cidade da Cultura que eles proxectaron, teñen algo que ver con ese sentido común que agora tanto pregoan aos catro ventos.
Pola contra nin PP nin PSOE falan de unificar os milleiros de pequenos concellos que só serven para duplicar servizos, eliminar as deputacións (alguén sabe para que serven?) ou facer desaparecer a un Senado que non vai máis aló de ser unha cámara meramente decorativa, e que ben serviría para aforrarlle ao contribuínte centos de millóns de euros investidos en gastos innecesarios.
PP e PSOE falan de algo tan abstracto como “non ter débeda por lei”, mais sen dar cifras nin prazos e sen cuantificar cal sería ese teito legal. É dicir estannos a vender fume puro e duro.
Hipocrisía política: resulta tamén ben curioso comprobar como durante tantos anos, quer o PSOE quer o PP, poñían dia si e dia tamén trabas legais para reformar a Constitución nos temas que a eles non lles interesaba (como a reforma do Senado, o Estatut de Cataluña, a laicidade do Estado, a reforma para un sistema electoral máis democrático….) aludindo ás dificultades e ao longo camiño burocrático que implica modificar a Carta Magna. Dando así a idea de que a Constitución é un libro sacrosanto e intocable que non se pode nin discutir nin alterer (como se da Biblia se tratara) e que só os antidemócratas e traidores pretenden cambiar. Mesmo nos anos da Administración Aznar eran moitos os que falaban de “patriotismo constitucional” erguéndose en defensores na non-alteración deste libro (aquí resulta gracioso observar como moitos dos que no seu día non apoiaron a Constitución agora aparezan como os seus máximos valedores, non estando de máis lembrar que Alianza Popular –embrión do actual PP- foi o único partido xunto con Herri Batasuna que non votou a favor da Constitución no Congreso).
Pois ben, despois de "convencer" á sociedade durante tres décadas de que a Constitución é un texto “blindado” e inalterable resulta que en menos de dúas semanas negocian, fan público e votan a reforma constitucional... pero non quedabamos en que a Constitución non se “toca” así porque si tan facilmente?
Hipocrisía democrática: se o PP e o PSOE consideran que hai que alterar a Constitución no seu dereito están. Do mesmo xeito, tamén teñen dereito a pactar dita reforma e a modificala se teñen a maioría para facelo. Ninguén di que sexa ilegal. Agora ben, que non sexa ilegal non quere dicir que sexa ético, pois se imos a alterar as regras de xogo, como se fixo en 1978, debe de ser a sociedade, e ningún actor mais, a que o decida a través dun referendo.
Resulta tamén curioso como o aínda presidente do goberno, José Luís Rodriguez Zapatero, que tantos anos leva proclamando ao vento o seu famoso talante, non tivera en conta nin o máis minimo –incluso nin para consultar- ao resto das formacións políticas presentes no Congreso. Máis aínda se temos en conta que estamos a falar dunha reforma constitucional, a cal precisa do maior consenso social e político para ser asumida por todos no futuro.
Máis unha vez, a cidadanía observa perplexa como PSOE e PP nos somete, non só a un exercicio de cinismo político, económico e democrático, senón ademais a unha ofensiva bipartidista sen precedentes na historia democrática española.
Dicía un famoso político vasco que cando populares e socialistas se poñen de acordo nalgo o mellor é botarse a tremer: resulta evidente que o imperio contraataca.
Dicía un famoso político vasco que cando populares e socialistas se poñen de acordo nalgo o mellor é botarse a tremer: resulta evidente que o imperio contraataca.
sábado, 20 de agosto de 2011
ARTIGO DO COMPAÑEIRO FERNANDO
Democracia tutelada
OPINIÓN de Fernando Alonso Lorenzo, membro de Converxencia-Ourense. O paso da ditadura á actual democracia denominouse como Transición. Este termino é un eufemismo que, ben pensado, reflexa con bastante exactitude o proceso democratizador sufrido polo Estado español.
Había bastantes partidarios dunha ruptura co réxime anterior posto que ese debería ser o camiño correcto que permitise arrinconar todo atisbo de franquismo tanto ideolóxico, como político, como administrativo e construír de raíz un novo sistema democrático sen hipotecas do pasado.
Pero, a diferenza doutros procesos democráticos externos, o paso da ditadura á democracia non foi administrado polos grupos democráticos senón que foi tutelado polos propios actores da ditadura que accederon á instauración dunha democracia empurrados polas circunstancias e coa garantía de que eles mesmos establecerían os limites da nova democracia, manter uns supervisores de verificación do cumprimento das garantías e de que non se esixirían responsabilidades con carácter retroactivo.
O primeiro paso foi a promulgación da Lei de Amnistía Xeral que, baixo a falacia de que eximia de responsabilidades aos dous bandos da guerra do 36, na realidade beneficiaba a todo o aparato franquista xa que dun plumazo quedaban absoltos de tódolos abusos cometidos, polo golpe de estado, durante a guerra, e nos 36 anos posteriores de ditadura. Por outro lado impedía calquera tipo de depuración do entramado político-administrativo permitindo seguir en activo a todo o núcleo duro da ditadura que non estaba suxeito a procesos electorais pero que tiña un gran peso no aparato administrativo e institucional. Funcionarios, xuíces, fiscais, exército, etc, que colaboraran activamente co a ditadura pasaron a ser administradores da democracia.
O segundo paso foi elaborar unha constitución democrática á medida das garantías esixidas. Como xefe de estado, o mesmo nomeado por Franco, cando o racional tería sido voltar á república, o sistema legal derrubado polo golpe do ditador. Bandeira e himno, os instaurados polo ditador con leves retoques na bandeira para maquillala. Como garantes últimos dos límites dos procesos democráticos o exército a través do título VIII e unha Igrexa Católica cun protagonismo constitucional impensable en calquera democracia occidental, mais propio de democracias islámicas. Tampouco foi admitida a recuperación dos avances autonómicos da república por que así mesmo rebasaba ou abría portas a poder traspasar os límites que os titores do proceso de transición tiñan previamente establecidos para a conformación política e competencial do estado e territorios periféricos a Madrid.
Así pois tentábase un estado centralizado cunha descentralización máis administrativa que política, con autonomías que se aproximasen a meras delegacións do goberno central, carentes de relevancia política.
Polo que na práctica constituíse unha democracia parlamentaria tutelada, en definitiva un neofranquismo democrático.
Tan así foi que cando as forzas fácticas comezaron a temer que o proceso se lle escapaba das mans organizaron o golpe do 23-F que tiña como obxectivo primeiro constituír un goberno de concentración presidido por un militar para reconducir o proceso. Din as crónicas do momento, e as posteriores, que o golpe fracasou pero non é estritamente certo porque simplemente deron marcha atrás cando viron que a imaxe xerada non era precisamente a de salvación nacional, como pretendían vendelo produto novamente, e intúese que houbo certas garantías de reconducir o proceso por parte de colectivos con peso no ámbito político que animaron a non continuar co levantamento militar, con trama civil.
De feito, a política que se realiza a continuación é bastante conservadora nos aspectos que son tabú para os reaccionarios. Iníciase unha estratexia de paralización da descentralización para o cal as dúas forzas maioritarias forzan ao máximo o bipartidismo parlamentario, o reparto bipartidista das autonomías, para eliminar partidos bisagra e mais tratar de anular aos partidos nacionalistas.
As demais institucións dominadas polos neofranquistas, seguen mantendo intactas as redes de control co que, en principio, poden volver a envaiñar os sables.
Daqueles polvos veñen estes lodos. Cada vez que se tenta tocar un asunto tabú entran en erupción as forzas reaccionarias apoiadas polos medios cavernarios para frear o proceso. Os atrancos e ruído mediático contra a Lei de Memoria Histórica, retirada de crucifixos de escolas, Estatut de Catalunya, son botóns de mostra de que o neofranquismo segue tendo excesiva presenza e peso contra determinadas decisións políticas.
O Estatut é unha vítima máis da transición que permitiu a tutela da democracia. Por imperativo constitucional, o Tribunal Constitucional ten a última palabra sobre calquera lei que aprobe calquera órgano político. Decide sobre unha lei aprobada se esta é constitucional e, en consecuencia, se pasa a peneira, se non a pasa ou se pasa con recortes ou modificacións. En definitiva, se o TC quere, calquera órgano lexislativo incluído o Congreso dos Deputados, está nas súas mans e convertese na práctica nunca cámara lexislativa de última instancia.
Os membros do TC teñen que ser elixidos por unha maioría cualificada do Congreso dos Deputados o que na práctica tradúcese en que unicamente poden ser elixidos por un acordo de consenso entre PP-PSOE o que da un TC altamente politizado e con pouca pluralidade ideolóxica.
Así que, cando un dos dous partidos non quere chegar a un acordo consensuado por conveniencias de partido, os membros non poden ser renovados aínda que teñan o mandato vencido ou estean mortos como é o caso que se esta a dar actualmente.
Así estamos a vivir o esperpento dunha institución que ten máis poder lexislativo incluso que o órgano de máxima representación popular, manipulado en función dos intereses de dous partidos e que atende a recursos moitas veces presentados polos que non son capaces de gañar votacións nos órganos lexislativos. Así dáse o paradoxo de que un partido que perdeu as votacións no Congreso por carecer de maioría, na aprobación do Estatut, en cambio gañounas no TC por que alí si ten maioría, logo de todo tipo de artimañas como a recusación de membros e impedimento de renovación de cargos.
O TC, coas competencias que se lle asignan, substitúe á vontade popular ao modificar ou anular as decisións tomadas polos máximos representantes da soberanía popular. Esta é unha verdade incontestable. Poderase discutir si é posible outro sistema ou non pero a realidade é esa. Polo tanto non se pode dicir que teñamos unha auténtica democracia.
Eu entendo que si, existe outra alternativa. Os xuíces están para aplicar as leis non para modificalas nin para lexislar, esta é unha competencia do lexislativo que ademais debe ser o órgano de última instancia por que está composto por representantes elixidos polos cidadáns. Isto, visto así, si é democracia.
Para comezar o TC non debería chamarse tribunal por que, nas súas actuacións, non se produce ningún xuízo. Un xuízo precisa de unha denuncia e un denunciado. O TC recibe recursos, non denuncias, e non hai un banquiño de acusados por que non existe tal acusado. Tampouco se debería falar de sentencias posto que non se condena a ninguén. Polo tanto estase, penso que dun xeito deliberado, a utilizar unha terminoloxía que induce a confusión para poder xustificar que o TC poida emendarlle a plana ao lexislativo. Algo así como se se estivera a enxuiciar ao lexislativo. Unha auténtica aberración.
Entón se se pretende que haxa un órgano de garantías desígnese un consello de garantías independente, de profesionais especializados, cuxa misión sexa informar ao lexislativo da posible constitucionalidade ou inconstitucionalidade das leis aprobadas e, de darse un informe negativo, quedar o lexislativo obrigado a debater novamente a lei en función de ese informe.
lunes, 15 de agosto de 2011
CARNET DE AFILIADOS A CONVERXENCIA GALEGA
Converxencia Galega presenta o seu carné de afiliado
Tras centrar o noso traballo na fundación do partido e en preparar despois as eleccións municipais do pasado mes de maio, desde a familia converxente diriximos agora os nosos esforzos a afiliar aos nosos militantes e simpatizantes.
Na parte posterior da tarxeta, deseñada coas cores corporativas do partido, aparece a imaxe do ilustre galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acompañada dunhas coñecidas verbas nas que xustifica a definición de Galicia como nación: “un pobo, unha terra, unha fala”.
No consello político que aprobou o lanzamento do carné de afiliado, anunciouse tamén a creación dun “carné amigo”, exclusivo para militantes, e dun carné para menores de idade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)