domingo, 23 de octubre de 2011

OS POLÍTICOS TRILEROS DE VILAGARCÍA


COMITÉ LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA 
DE VILAGARCÍA 






Nota de prensa .
23/10/2011.

O Comité Local de Converxencia Galega de Vilagarcía quere amosar a máis dura crítica ao acordo  alcanzado entre o PP e  IVIL  que lle otorga ao PP a maioría absoluta  que non alcanzou nas urnas, pero agora , e xa coa maioria absoluta o PP pode facer e desfacer ao seu antoxo . 
Este pacto , que a nosa formación califica dunha afrenta pública ao electorado  por parte das dúas formacións políticas , non é máis que un grave atentado contra a democracia e contra os intereses  de Vilagarcía. Os votos foron  cautivados para afianzar un goberno aos populares con moita comodidade  e asegurar ademáis un cargo ao Sr. Rivera , que , no momento político xusto ( O PP faltáballe tan só un concelleiro para a tan ansiada maioria absoulta , o Sr. Rivera Mallo   consigue asi o seu retiro dourado ao pasar a ser senador do PP). Así as pezas do puzle xa están encaixadas perfectamente para os intereses destes partidos. 

Calificamos  esta maniobra como un timo ao pobo , e nos preguntamos agora ¿ Cal vai ser o programa que se vai levar a cabo para Vilagarcía ?  ¿ Quen levará as rendas do goberno municipal?  ¿ Cales serán os intereses do Sr, Rivera Mallo no senado cara a nosa cidade ? .

A corrupción política  emerxeu ao más alto nivel , sen ter en conta nestes momentos difíciles as necesidades dos vilagarciáns . Só se ten en conta  os intereses personais dos dous actores , agora ya rovoltos  para repartirse os postos . ¿ Qué vai recibir a cambio o pobo ? : NADA . Nada  do que no programa do PP estaba redactado cúmplese, nin tampouco no programa de IVIL , todo segue o mesmo . 

Exiximos unha maior seriedade para o pobo de Vilagarcía e que  o PP como partido máis votado busque solucións aos graves problemas que vanse acrecentado na cidade, así : máis paro , máis recortes sociais, viaxes do Sr. Alcalde a Madid valeiros de  contidos,ainda non existe o xulgado nº 4, tan necesario para a cidade,  os colexios públicos teñen graves deficiencias,Fexedega  agoniza,  os parques son tercermundistas,os rios contaminados; Etc..Non hai respostas as vellas aspiracións para Vilagarcía.  

O COMITÉ LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA DE VILAGARCÍA .