Sr. Fole , si vostede non sabía como estaban as contas municipais , eso quere decir que vostede non soubo exercitar o seu cargo como concellal da oposición. Xa que dende este posto público o seu grupo tivo participación nas Comisións informativas de facenda , Comisión do contas, plenos, e tivo acceso a todos os documentos relativos a vida contable municipal. Outra cousa é que non traballaran nesta dirección ou en ningunha.
O que non pode ser é, que como coñecedores da situciación económica municipal, fagan un programa electoral cheo de grandes obras e actuacións , que saben a cenza certa e de antemán que non ían poder cumplir. Esto se chama engano aos seus votantes. O contrato social xa o incumplen antes de comenzar o mandato electoral.
¿ Estaba vostede no Concello ou estaba no posto de Xerente do Polígono I. de Barro?. Ao mellor , estando tan ocupado na xerencia dese polígono , non podía segui-la vida económica municipal. ..........
Sr. Fole , non vale que agora , vostede , o seu partido, o PP , veña con disculpas , xa antes de ser investido coma alcalde , para non cumplir coas promesas do seu PROGRAMA ELECTORAL.
En , fin , todo vale, o caso era ser alcalde, asegurarse o soldo , e a os vilagarcíans que lles dean. Mellor será que non sexa investido alcalde ................ TOTAL ............. vai ser todo o mesmo . MÁIS DO MESMO . ESTO É UNHA AFRENTA PÚBLICA AO POBO DE VILAGARCÍA.
CONVERXENCIA GALEGA DE VILAGARCÍA

Esas ilusións, esas ansias por cambiar o rumbo hacia o desastre ó que nos están levando os dous grandes partidos do país, son as mesmas que tiña hai xa máis de 25 anos, cando con apenas 35, Xoán Gato entraba no Concello de Narón, remando contra vento e marea e desoíndo a aqueles que lle decían que desistise do seu empeño. Él loitou sen descanso, traballou arreo perseguindo o que para uns era un soño e para outros unha utopía. Con traballo e constancia fíxose dese soño unha realidade, e hoxe, mais de 25 anos despois todos podemos ver o que é Narón, e o que supón para toda a comarca nestes duros anos de crise económica. Este é o espíritu co que comeza Converxencia Galega a dar os seus primeiros pasos.