Converxencia Galega nomea a Xoán Gato presidente ''por aclamación''
26/02/2011 - Galiciaé
"No futuro gustaríame ser alcalde", dixo hai pouco Xoán Gato, o home que gobernou Narón durante 24 anos baixo as siglas de TeGa --Terra Galega-- e que posteriormente foi elixido presidente da Cámara de Comercio. A partir deste sábado ten unha nova oportunidade de conquistar unha alcaldía, tras ser nomeado "por aclamación" presidente de Converxencia Galega, o partido que aspira a converterse na cuarta vía na política galega e que busca os votos daqueles a quen non convenzan as ofertas electorais dos 'tres grandes': PP, PSOE e BNG.
Así as cousas, e segundo explicou a este medio Xan García Pouso, concelleiro de Converxencia en Fisterra e un dos nomes destacados desta formación en Galicia, o Consello político reuniuse en Compostela este sábado para facer oficial o que xa se daba por sentado: que o ex rexedor naronés lideraría este partido, de corte galeguista e que tivo xa varios nomes. Así, co primeiro, Coalición Galega, acariñou o poder autonómico; e co último, Terra Galega, obtivo 18.726 votos, un 1,13% do total, nas eleccións ao Parlamento galego, celebradas o 1 de marzo de 2009. Converteuse así na quinta forza política en importancia tras PPdeG, PSdeG, BNG e UPyD, sen conseguir representación na Cámara.
"En setembro quedou a presidencia vacante porque así o acordamos. Todos pensabamos en Xoán Gato para o posto, pero acababa de ser elixido presidente da Cámara de Comercio", explicou Pouso. A pesar de que Converxencia Galega ten no punto de mira as autonómicas do 2013, tamén presentarán listas para os comicios municipais do 22 de maio.
Botando a vista atrás, coa súa anterior marca, Terra Galega, a formación centrista obtivo o 2,05% dos votos nas eleccións de 2007 no conxunto de Galicia, o que se traduciu en 69 concelleiros en 29 municipios, sendo a cuarta forza da comunidade. Foi tamén a forza máis votada en tres municipios --Narón e Neda, na comarca de Ferrolterra, e Os Blancos, en Ourense--. Con estas cifras e despois das coalicións de Goberno, os concellos de Meira, Neda, Narón, Valdoviño e Os Blancos tiveron entón un rexedor de TeGa.
Información relacionada